martes, 6 de marzo de 2007

"TODO EMPEZOU NA COCIÑA DE KRISTIN"

Este ano teño unha titoría de quinto de primaria e estamos dentro dun proxecto de bibliotecas escolares chamado "HORA DE LER".

Tódolos días lemos tanto alumnos e alumnas como profesores e profesoras durante 20 minutos despois do recreo e un día deses preguntáronme que estaba a ler e comenteilles que o meu libro trataba dunha reflexión sobre como transformar os nenos e nenas en lectores... O seu título é "Como mirar a la luna: Confesiones a una maestra sobre la formación del lector", de JUAN MATA.

Pedíronme que lles lera un parágrafo e así o fixen...
"Empezó en la cocina de Kristin cuando yo tenía unos cinco años. Hasta entonces había sido una especie de animalito que con ojos,orejas y todos los sentidos aspiraba sólo aquello que era naturaleza. Que también existía una cosa llamada cultura lo supe cuando mis piececitos calzados con botas me llevaron a la cocina de Kristin, donde de pronto me rozó un soplo distinto.
Kristin estaba casada con nuestro mozo vaquero, pero lo más importante es que era la mamá de Edit.(¡bendita sea siempre y para siempre!) me leía cuentos del gigante Bam-Bam y del hada Viribunda y hacía vibrarmi alma de una forma que aún hoy noto algo de ello. El milagro se produjo en una cocina pequeña y pobre, que ya no existe, pero desde aquel día no hay otra cocina para mí en todo el mundo"

Ese foi a orixe de crear este blog. Os verdadeiros protagonistas son os meus alumnos e alumnas que con esa reflexión anterior iniciaron unha viaxe ó seu interior na percura da súa semente que fixo xerminar a súa vontade por ler: ¿cando xurdiu ese milagro neles e nelas? Cada un deles vai contar como foi a súa experiencia e desde logo desexo que vos emocione como me pasou a mín.
Pois diso vai ir este humilde blog.
Quero agradecer neste comentario a Javier Pintor, un asesor do Cefore da Coruña por animarme a que lera o libro de Juan Mata. E a Juan Mata poder darlle a noraboa algún día personalmente. Por certo os meus alumnos e alumnas tambén queren coñecelo... TODO SE ANDARÁ...
Carmen Iglesias

14 comentarios:

cenmares dijo...

A semente da lectura comezou cando eu tiña tres anos lendo os libros "LA CAMISETA DE DAVID" e "NO ES UN PAPAGAYO".
Vouvos contar unha anécdota de cando era pequeno. Empecei a ler moi pronto e mentras a miña avóa traballaba na aldea, ela dábame o libro do REY LEÓN e eu o lía en voz alta.
Javier Belda

cenmares dijo...

Chámamo Luis José. E a miña semente da lectura naceume polas noites... Agora vos explico: Polas noites cando non conseguía dormir miña nai collía libros da biblioteca pero ningún me gustaba. Pero unha vez deume para ler un de HARRY POTTER e éncantoume. Desde ese día gústame ler!!!
Luis José Araújo

cenmares dijo...

A mín ainda non me naceu a semente da lectura. envíovos un SOS!!! Alguén de vós poderíame falar de libros que me axuden a atopar a miña semente do amor polos libros.
Óscar Díaz Matos

cenmares dijo...

A mín naceume a semente da lectura cando empecei a ler os libros de NARNIA. Todo empezou cando regaláronme o primeiro libro no día do meu cumpleanos.
Olalla Rodríguez

cenmares dijo...

Eu sentín a miña semente da lectura cando a miña nai trouxome o meu primeiro libro de fadas,bruxas e outras cousas . O seu título é "KIKA SUPERBRUXA É DRÁCULA".Desde ese día sinto eu a miña semente da lectura.

PATRICIA DURO.

cenmares dijo...

Cando era pequena, a miña avoa liame moitos contos e axudábame a lelos eu, encantábanme os libros.Un día a miña amiga Paula díxome que estaba lendo un libro que se chamaba "Memorias de Idhún" que era unha triloxía, cando acabou de ler o primeiro prestoumo e axiña púxenme a lelo.O primeiro gustoume pero cando empecei a ler o segundo... ata lía nos meus momentos libres, tamén lía mentres esperaba a que meus pais estiveran listos para salir.
Ese libro titúlase "Memorias de Idhún" Tríada.
Lúa García Cabado.

Juan Mata dijo...

Me gustaría saber transmitiros la intensa alegría que una persona puede sentir al descubrir que algo de lo que dice o hace sirve para fertilizar la vida de personas a las que no conoce.

Pero quiero que sepáis que me siento como si volara al comprobar que unas palabras mías han llegado hasta vosotros a través de vuestra profesora Carmen y que en seguida habéis empezado a usar vuestras propias palabras para abriros al mundo y dialogar con él.

Prestad atención a este maravilloso poder de la lengua: unas palabras escritas inicialmente en Suecia llegan años más tarde a un lector de Granada, el cual las recoge en un libro que se hace en Barcelona y que luego lee una maestra de Cambre, que después las lee a sus alumnos de quinto de Primaria, los cuales comienzan a escribir un blog donde hablan de las semillas de la lectura, un blog que más tarde leen otras personas que viven muy lejos pero que empiezan ya a formar parte del círculo de amigos del Colegio "Wenceslao Fernández Flórez".

Para eso sirve la lengua y para eso conviene aprender a leer y escribir: para transmitir sentimientos y pensamientos, para ensanchar la amistad humana.

Gracias, Carmen, y gracias chicos y chicas de quinto de Primaria. Os doy las gracias por vuestra atención y mi ánimo para seguir con los ojos y los oídos bien abiertos a las palabras de la vida.

Un abrazo de vuestro amigo.

Juan Mata.

cenmares dijo...

A miña semilliña de ler ainda naceu este ano cando meu pai tróuxome tres libros de Caixa Galicia. Collín un ó chou e tocoume "Jack Sparrow. El canto de las sirenas" Foi para mín asombroso. Claro... é de aventuras polo mar e ahí empezou a miña viaxe da lectura.
Elena París

cenmares dijo...

Empezoume gustar ler cando vin aquel libro: somentes con miralo xa me gustaba. Contaba a historia dun can que atopou comida e despois caeulle nun río por glotón. O seu título era El perro glotón.
Lía este libro dúas veces antes de dormir e cando non o tiña miña avóa contábame contos pero o que me axudou a ler cando era pequeno foi meu avó.Líame os contos e axudábame a que os lira eu tambén.
Esteban Rey

cenmares dijo...

A mín empezoume a interesar ler libros que non foran comics por dúas veces. A primeira tiña 7 anos cando lín "¿Quieres ser el novio de mi hermana?" De Maite Carranza. Ese libro agora non o teño pero na nosa biblioteca sí que o hai.
A segunda vez foi cando tiña 8 ou 9 anos cando lín "El empollón, el cabeza cuadrada, el gafotas y el pelmazo" de Roberto Santiago.
E podo decir que a terceira vez tambén existe e foi hai ben pouco cando lín "Hay un chico en el baño de las chicas" (Título que non lle pegaba moito... alomenos segundo a miña opinión) De tódolos xeitos gustoume e podo decir desde xá que ¡¡¡ENCÁNTAME LER!!!
Marta Morandeira

cenmares dijo...

A miña semente de ler naceume cando era ben pequeno. Tiña tres anos e paseando pola Coruña, vía os carteis e os intentaba ler porque sempre tiven curiosidade por saber que poñían.
Un día cando cheguei a miña casa desde o colexio collín un libro e comecei a ler. A miña nai quedou sorprendida porque non sabía que eu xa aprendera.
Sígueme o interés pola lectura porque neste curso lín “Don Quijote” (versión adaptada) da colección Cucaña de Vicens Vives. É un libro moi importante porque o escribiu Cervantes hai ben tempo. Foi moi divertido para mín.
Carlos Pérez

cenmares dijo...

Una inmensa alegría y gratitud me ha invadido leer tu comentario, JUAN MATA. En él se refleja tu gran humanidad y cercanía.
Mañana tengo clase con mis maravillosos alumnos y alumnas y leeremos juntos tus hermosas, animosas y amistosas palabras.
Te llevaremos en nuestros corazones.
Hasta siempre.
Carmen Iglesias

Anónimo dijo...

A min dende pequena gustaronme os libros. Encántame ler. Miña tía Enma polo meu bautizo regaloume un libro chamado " Mi amigo Billy" Estaba todo o día vendo o libro. Agora sígueme gustando ler. Sobre todo libros de aventuras. "kika superbruja", que hai unha colección.
Hai un libro que terminei hai pouco que chámase "Candy circle". Recoméndovolos.
Lucía Sánchez

cenmares dijo...

Este blog naceu co obxectivo de contar as nosas experiencias lectoras... Moitos dos alumnos e alumnas maravillosas que tiven eses dous anos ao final foron algo tímidos ao non querer compartir con todos e todas o momento en que descubriron que a semilla da lectura xerminaba nos seus corazóns e chegou a convertirse en maravillosas aventuras nas súas mentes.
Hoxe, un día frío de febreiro, quixen lembrar eses dous anos tan emocionantes para mín como profesora e por medio deste blog enviarlles os meus mñais sinceros saúdos para desexarlles a todos e a todas moita sorte e moitos libros.
Unha aperta
Carmen Iglesias